Goiáns acolle este martes a Gala de Turismo Barbanza Arousa

15 Outubro 2023
A torre do pazo de Goiáns, en Boiro

O pazo de Goiáns (Boiro) vai acoller este martes 17 de outubro a Gala de Turismo Barbanza Arousa, organizada pola mancomunidade turística dos concellos da nosa comarca (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo). A cita será ás 19 horas e incluirá a entrega de diplomas do selo acreditativo SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) ás empresas e servizos distinguidos, un total de 36.

Por certo que a Mancomunidade Barbanza Arousa convoca esta gala do martes 17 logo de ter logrado converterse en caso de éxito na implantación deste distintivo por SEGITTUR, organismo dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Programa da Gala do Turismo

17 de outubro

19:00h. Recepción de autoridades e participantes.

19:15h. Emisión Audiovisual Barbanza Arousa, a Emoción de Descubrir.

19:20h. Actuación musical.

19:25h. Presentación da gala.

19:30h. Intervención da xerente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro.

19:35h. Intervención do Presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

19:40h. Entrega dos diplomas SICTED ás empresas participantes.

20: 20 h. Intervencións de peche do acto:

-Intervención do presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Intervención do vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira.

-Intervención do delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.

-Intervención do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

20:50 h. Actuación musical

21:00h. Degustación a cargo de Chicolino Restauración e Adega entre os Ríos, empresas distinguidas co selo SICTED.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...