Gañadores dos premios da campaña doa un sorriso en Boiro

31 Outubro 2023

No mediodía do martes 31 de outubro tivo lugar na sede da ABE o sorteo dos premios da campaña de doazón promovida por Clínica Dental Rebeca Ozores, en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, a favor de Cáritas Boiro e Cruz Vermella Boiro nos establecementos do noso concello.

Ao sorteo acudiron:

– Rebeca Ozores Nine, xerente de Clínica Dental Rebeca Ozores

– Daniel García, presidente da ABE

– Ricardo López, Vicepresidente de Cruz Vermella Boiro

– José Ramón Romero, alcalde de Boiro

– Raúl Romero, concelleiro de Servizos Sociais

As persoas gañadoras dos premios foron:

Bono ABE de 50€ para Favi Quintáns
Bono ABE de 50€ para Ana Abreu González
Estancia para dúas persoas nas Cabaniñas do Bosque de Outes para Maria Josefa Piñeiro.

Tamén se sorteou outra noite nas Cabaniñas do Bosque entre todos aqueles establecementos que se sumaron á campaña que foi para Bives Tour.

Dende a ABE queremos agradecer aos 42 establecementos que participaron na campaña xa que gracias a eles a recollida foi un éxito, cunha gran cantidade de doazóns, tanto de alimentos como de produtos de hixiene e limpeza, prendas de roupa, material escolar…

Durante a xornada do martes a organización recolleu os produtos polos establecementos e realizou os sorteos en cada un deles de 1 bono de 100 para utilizar na clínica dental Rebeca Ozores e será a propia clínica a que contactará coas persoaS premiadas.

Os establecementos colaboradores foron

(Supermercado Claudio-Jomi Cabo de Cruz, Viñas Soluciones Informáticas, Mercamás Cabo de Cruz, Farmacia Cimadevila, Boiro-Tenda, ABE, Regueira Vázquez Asesores, Bivestour, Cosmos, Julietabebes, Librería Cisne, Señor Balón, Lisvaz, Banco Mediolanum, Clínica Dental Rebeca Ozores, Academia Eva, Davisan, Baldani, Ferretería Tucho, Brincos, Trazos, Muchas, Elena Torrado Decoración, Véxote, Cruz Roja, IES Espiñeira, Alecrín Floristería, Drolim, Electrodomésticos Otero, Rule’s, Boiro Inyección, Inmobiliaria O Cruceiro, Uttap 3.Catorce, Sheyla Figueroa, Sargadelos, Crisel, Lookbooky, Mia Shop, Libraría Espazo Lector Nobel, Nino Pieri, Opticalia Boiro e Josefina)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.