A autovía do Barbanza rexistrou este mediodía un accidente que se saldou cun condutor ferido. Os feitos producíronse no quilómetro 31 da AG-11 en dirección a Ribeira -á altura da ponte do río Pedras- cando un turismo dispoñíase a adiantar a un tráiler.
Segundo publica La Voz de Galicia, parece que o condutor perdeu o control do automóbil e saíuse da vía acabando parado no medio dun carril.
Ata o lugar do accidente desprazáronse os bombeiros de Ribeira, Protección Civil da Pobra, Garda Civil de Tráfico e o persoal de conservación de estradas, así como unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido ao hospital do Barbanza.




