Exposicións, cinema e espectáculos de danza, teatro e música enchen a axenda cultural boirense para a semana da ponte festiva

10 Outubro 2023

A axenda de Boiro vén completiña nesta primeira metade outubro, e tamén nas semanas seguintes. Por unha banda temos a mostra Madeiras do mar, de Ruth Beltrán, que se poderá visitar no segundo andar do Centro Social durante o mes de outubro, e que é unha proposta que xorde do proxecto Madeira Zombi, nado hai tres anos para, entre outras cousas, recuperar madeiras abandonadas para dotalas dunha nova vida a través da súa conversión en arte.

Tamén poderemos contemplar en Boiro a exposición Vida e obra de Francisco Fernández del Riego, a partir deste 9 de outubro e durante todo o mes na Casa da Cultura. É unha mostra realizada polo alumnado de plástica do IES A Cachada.

A maiores, os días 10, 17, 24 e 31 de outubro celebrarase no Centro Social de Boiro, ás 16.30 horas, o obradoiro Saberes en Común, do programa Muller e Saúde, que ten como finalidade rescatar os saberes e experiencias dos traballos que tradicionalmente desempeñaron as mulleres no rural.

Este xoves 12 o pazo de Goiáns acolle ás 19.00 horas o espectáculo Demente, da compañía de danza de Fran Sieira no marco do Mes da Danza do Concello de Boiro. A entrada será un donativo de 2 euros para AGADEA Alzhéimer. En caso de choiva, será na Casa da Cultura.

A contadora Vero Rilo estará na Biblioteca de Boiro o día 13 ás 20.00 horas para achegar o espectáculo para público familiar E a ti… que che contaban? A maiores, o sábado 14 celebrarase na Biblioteca de Boiro o obradoiro A biblioteca ideal. Crea un libro con nós de Os Náufragos Teatro para público infantil e familiar a partir dos 4 anos (prazas limitadas, inscricións no 981 84 84 10).

O sábado 14 proxéctase no Centro Social de Boiro o filme María Casares, ás 20.00 horas, no marco do Ciclo de Cine Mestre Mateo.

Informar tamén de que vai recalar en Boiro a función teatral Iphixenia na porta do súper, espectáculo da Compañía Humana que propón un monólogo adaptado do galés Gary Owen no que se fai un paralelismo entre o sacrificio de Iphixenia do mito clásico e unha moza de barrio actual, sen recursos, que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos e de recortes sociais. Será o 2 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...