Excéntricas e o CDG levan “O auto de Castromil” a Ribeira, Rianxo, Noia e Outes

27 Outubro 2023

O espectáculo O auto do Castromil de Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego, recalará este mes de novembro en varias localidades do Barbanza. En Rianxo farao o vindeiro sábado 4 de novembro, ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. Será de balde ata completar capacidade da sala (con retirada de convites dende unha antes do comezo da actuación, e cun máximo de 2 por persoa). A sesión rianxeira abéirase á programación do Outono Cultural do Concello e encádrase tamén na axenda da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O auto do Castromil recalará tamén en Ribeira (3 de novembro), Noia (4 de novembro) e en Outes (18 e novembro).

Esta obra, gañadora do III concurso de proxectos da Fundación Manuel María, está dirixida por Quico Cadaval (Ribeira, 1960), e protagonizada por un elenco de catro intérpretes formado por Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. A peza, co-producida por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego, acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia galega, “combatendo a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego”, sinalouse durante a presentación do espectáculo, o pasado verán, engadíndose que a función é “unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente”, “a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo”.

O auto do Castromil é unha viaxe argallada con anacos das obras de Manuel María A rebelión dos baús, O Auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de Lume e Ferro e o Entremés da OTAN.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.