Este sábado inaugúrase na Pobra a exposición “Locus amenus” das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán (seguida dunha ofrenda cívica)

24 Outubro 2023

Ao abeiro das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, no sábado 28, ás 12.00 horas, estrearase na Sala de Iconografía Contemporánea do Museo Valle-Inclán a mostra Locus amoenus. Obxectos persoais do escritor, da colección de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

Posteriormente, ás 12.30 horas, a acción desprazarase ao Cantón da Leña co acto conmemorativo da nacenza de Valle-Inclán coa tradicional ofrenda cívica e o concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal.

Ao acto asistirán membros da corporación municipal baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o director xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González; e o investigador Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

Estas actividades forman parte da XXV edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, impulsadas polo Concello da Pobra e o museo local que leva o nome do insigne escritor. Achegamos o programa ao completo a continuación:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.