En Noia eliminado un punto de vertido de augas residuais ao Rego do Porto

28 Outubro 2023

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais ao rego do Porto, no concello de Noia.
Esta achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas
de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Os técnicos da Xunta desprazados á zona, localizaron a orixe da afección na rede de
pluviais municipal con achegas de augas residuais urbanas no lugar de Orro, na parroquia de Santa Cristina de Barro.
Augas de Galicia informou ao Concello de Noia da necesidade da adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese vertido.
Nunha nova visita á zona, os técnicos da Xunta verificaron, mediante analíticas, que as actuación levadas a cabo polo Concello, de selado dunha rotura na rede municipal e de
conexión coa rede de pluviais e limpeza desta última, permitiron a emenda do vertido.

 

 

 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.