“En Lugo, no San Froilán” – Xulio Xiz

13 Outubro 2023


O San Froilán en Lugo, para os festeiros, é o centro do mundo. Tiven nova ocasión de comprobalo a pasada fin de semana, que arredor pode pasar o que pase, que o importante é o que pase aquí.

O sábado, ao non comer na casa non vin a tele a mediodia. Xa a diario me estou quitando, pola sucesión de desgrazas que se nos ofrecen, quizais para que cavilemos o felices que somos por ter un unha vida medianamente tranquila. Pola tarde paseamos, curioseamos, escoitamos a Sons e soños na Mosqueira, a Catuxa Salóm en Santa María e asomámonos ao concerto de Ciudad Jara, ademais de deixarnos caer nas últimas cadeiras baleiras nun par de bares, comprobando que o abarrote era total.

Xa na casa vin na tele, por enésima vez, a historia de Tutankamon, perfecto pano de fondo para o traballo nocturno, sempre coa sensación de que o San Froilán dominaba o mundo como festa total.

O domingo, a portada de La Voz abofeteoume coa tráxica nova de que estoupou – outra vez – a guerra entre os Palestinos e Israel e que o mundo enteiro trema polo ocorrido e as súas consecuencias. E decátome que as festas son limitadas, aínda que nos conmovan. Que non é noticia a vida senón a morte. Que mentres aquí a festa enchía as rúas, ás cinco e media da tarde, comezaba unha guerra que no primeiro día causou medio milleiro de mortos. E como o mundo é cada vez máis pequeno, a guerra témola ao lado, aínda que non nos deamos conta. Aínda que mañá nos esquezamos dela. Aínda que miremos para outro lado.

    Razón tiñan os romanos en proporcionar “pan e circo”, festa en fin. Daquela, o mundo era máis grande e as traxedias de fóra tardaban en turbar a paz da contorna.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.