O Concello de Dodro comezou a tempada de outono ofrecendo á poboación sénior un programa de actividades para incrementar a súa calidade de vida e o envellecemento saudábel. Trátase dun programa obradoiros de envellecemento activo para maiores de 55 anos que inclúe sesións de estimulación cognitiva e de memoria e que está destinado á veciñanza do concello, con data de comezo para esta primeira semana de outubro. As persoas interesadas en inscribirse ou recadar información poderán facelo no teléfono 981 802 466 aínda que o prazo para formalizar matrícula xa está rematado. Haberá grupos en distintos lugares sempre que haxa un mínimo de cinco persoas, en diferentes horarios da tarde: en Traxeito, en Lestrobe, en Imo, en Tallóns, en Teaio, en Bexo e en Vigo.
