CONGALSA reduce a emisión de máis de 4.200 toneladas de CO2 á atmosfera nun ano grazas a un acordo con ENDESA

30 Outubro 2023

A empresa alimentaria CONGALSA, con sede principal no Polígono da Tomada da Pobra do Caramiñal, fixo balance dos seus logros recentes en sustentabilidade ambiental, loita contra a emerxencia climática e protección da natureza. Segundo fixo saber a empresa, referente mundial no ámbito dos produtos do mar, nun ano conseguiu evitar a emisión de 4.232 toneladas de CO2 á atmosfera, o equivalente á capacidade de absorción de máis de 7.135 árbores durante corenta anos. Este logro conseguiuno CONGALSA da man da firma enerxética ENDESA.

En concreto este fito foi acadado grazas a un contrato de compravenda de electricidade a longo prazo, PPA (Power Purchase Agreement), que se alcanzou o ano pasado e que contempla o consumo de enerxía 100% renovábel durante un período de 10 anos.

“O acordo”, explica CONGALSA, “supón un novo paso na aposta de ambas as compañías pola sustentabilidade e no noso empeño por reducir o impacto ambiental das súas operacións, comprende o subministro de 15,5 GWh anuais de enerxía verde á empresa galega especializada na elaboración de produtos precociñados”.

No balance faise saber que o 50% da enerxía que ENDESA fornece procede de quilómetro 0, pois se produce nos parques eólicos que a filial de renovables de enerxética, Enel Green Power España (EGPE), ten en Lugo, de forma que se reforza o compromiso de ambas as compañías co impulso industrial e sustentábel en Galicia. A outra metade, é enerxía renovable certificada con Garantías de Orixe (GdOs) pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

No período de vixencia do contrato (o cálculo fíxose con 10,5 anos) as emisións evitadas sumarán 44.431 tCO 2 e, o que equivale á absorción de case 75.000 árbores durante 40 anos. 100% de enerxía verde

“O acordo con ENDESA evidencia moi ben a aposta da nosa compañía pola sustentabilidade, unha premisa que entendemos debe cumprirse desde unha tripla vertente: social, económica e ambiental. Precisamente, neste último punto é no que se encadra este acordo grazas ao cal estamos en disposición de afirmar que a nosa empresa consume enerxía verde nun 100%”, sinala David Comesaña, director de compras de CONGALSA.

Pola súa banda, ENDESA sitúa a conservación no medio no centro da súa estratexia de negocio, aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentabilidade e comprometida coa descarbonización da economía. Dentro desta aposta, os acordos a longo prazo ligados a enerxía renovable axudan á descarbonización do sector industrial e, ao mesmo tempo, son un instrumento moi útil para as empresas ao permitir xestionar mellor os seus custos enerxéticos garantindo prezos máis estábeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.