Confirmada a novena edición do Obradoiro de Emprego Tahume de Porto do Son e Ribeira

13 Outubro 2023

A Xunta de Galicia confirmou esta semana a concesión dos apoios orzamentarios para o desenvolvemento do Obradoiro de Emprego Tahume novena edición, a desenvolver de maneira conxunta polos Concellos de Porto do Son e Ribeira. As persoas interesadas en participar deben estar inscritas na Oficina de Emprego e manifestar alí o seu interese en participar no Obradoiro de Emprego (códigos 320, 330, 340 e 370). A selección das persoas participantes vai facerse nas próximas semanas.

O Obradoiro de Emprego Tahume chegou os días pasados ao broche de ouro da súa oitava edición, coa entrega de diplomas acreditativos ás persoas participantes.

A iniciativa é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e, como dixemos, promovido polo Concello de Ribeira xunto co Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.