“Citius. Altius. Fortis”, Antón Luaces

21 Outubro 2023

Díxoo sen dicir o  Xefe do Estado e Rei de España, don Felipe VI, co engadido “Communiter” (que engado e asumo plenamente) e que admite actualmente, por certo, o lema do movemento olímpico do marqués de Coubertin desde que no ano 2021 veu significar “máis rápido, máis alto, máis forte-xuntos”. Un lema que, con dous olímpicos no escenario do teatro Campoamor de Oviedo -o Rei e o premio Princesa de Asturias do Deporte 2023- e con varios dos galardoados na entrega dos Premios Príncipe de Asturias, tivo un gran significado nun acto transmitido a toda España pleno de chamados ao entendemento, a colaboración, a irmandade entre os pobos e, en definitiva, a deixar de padecer “un sufremento tan desgarrador” como o que, unha vez máis, se vive en Oriente Próximo. Falou tamén Felipe VI da agresión rusa a Ucraína enmarcando a mesma na “terrible e escura actualidade” en Europa e Meryl Streep daba unha lección -unha vez máis- de saber dicir, expresar e transmitir como actriz pero, sobre todo,. como muller.  Eliud  Kipchoge, premio dos Deportes, soubo chegar unha vez máis á meta e a Iniciativa Medicamentos para Enfermidades Desatendidas (DNDi), organización sen ánimo de lucro, chegou a toda a audiencia con algo tan duro como coñecido: a cidadanía  mundial sería outra e millor se a industria farmacéutica non quixera gañar cartos a costa dos doentes.

Así foron pasando todos os premiados, deixando no ambiente un non sei que reivindicativo que Felipe VI remarcou como se o vento voara: xuntos, unidos. Non da puntada sen fío. Pregúntome que efecto causarían estas verbas pronunciadas nun acto das características do celebrado este venres en Oviedo cando, entre o lusco fusco, Cataluña falaba da choiva e o president Aragonés trasladaba a sensación, expresada o xoves nunha sesión do Xenado, de que hai que seguir a falar de amnistía e referendum pactado. 

Estaremos todos no mesmo mundo?.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.