Cincuenta alumnos e alumnas participan en Boiro no novo curso das aulas de Secundaria para persoas adultas

03 Outubro 2023

Este luns 2 de outubro deron inicio as aulas do curso 2023-2024 de educación para persoas adultas que desenvolve o Concello de Boiro e nas que participan unhas cincuenta persoas. A concelleira, María Outeiral, participou na apertura das actividades formativas xunto co persoal docente que imparte as clases.

Estas ensinanzas están orientadas a persoas maiores de 18 anos que non teñen o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, desenvolver ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

A concelleira animou ao alumnado no inicio das clases: “Nunca é tarde para comezar a estudar e cada ano vemos como o paso por estas clases persoas que toman a decisión de facer algo novo e lles cambia a vida”.

Entre os obxectivos específicos deste curso están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. “Estas aulas non serven solo para adquirir un título, senón que van moito máis alá e a convivencia entre persoas de idades moi distintas fai que sexa unha experiencia moi enriquecedora tamén a título persoal”, afirmou María Outeiral.

A Aula de Educación para Persoas Adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais de as clases impártense na Casa da Cultura de Boiro en horario de 20.00 a 22.00 horas para facilitar a compatibilidade coa xornada laboral.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...