Chega a Boiro o veciño da localidade Arturo Piñeiro logo de facer o Camiño de Santiago dende Atenas en bicicleta

16 Outubro 2023

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, membros da asociación Barbantia Roda e outros familiares e amigos recibiron este sábado a Arturo Piñeiro na súa chegada a Boiro logo de completar o Camiño dende Atenas a Santiago en bicicleta.

O deportista e viaxeiro boirense saíu o venres 15 de setembro cara Atenas para completar os 4.500 quilómetros ata Compostela. Durante estes case 30 días de traxecto percorreu Albania, Montenegro, Bosnia, Croacia, Eslovenia, Italia ou Francia ata alcanzar a fronteira con España e completar o percorrido en Santiago de Compostela e regresar de novo a Boiro.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

A ABE colabora coa campaña de Nadal de AGADEA Alzhéimer en Boiro

Na mañá deste venres 1 de decembro, usuarios e técnicos da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer (AGADEA) achegáronse as oficinas da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) para entregar 50 bólas decorativas elaboradas a man polas persoas participantes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...