Broche de ouro ao cuarto de século das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán con teatro

26 Outubro 2023

A Pobra do Caramiñal vive nesta semana as últimas actividades ao abeiro da vixésimo quinta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán con “accións de interese para tódalas idades” tal e como manifesta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
Co afán de inculca-la vida e obra do literato nas novas xeracións, no mércores 25 e neste xoves 26, Teatro Cachirulo representou sobre as táboas do Elma o espectáculo de monicreques A cabeza do dragón, dirixido a alumado da primaria.
No venres 27, as propostas destinaranse a estudantado da secundaria coa función de narración oral Valle-Inclán, o “hipster” antigo: relatos de almas en pena, trasnos e ladróns, con Charo Pita e baseado na obra Jardín umbrío, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
A programación restante está aberta ao público en xeral. Nesa mesma tarde, ás 20.00 horas, Quico Cadaval executará no Elma a performance Divinas palabras. Imaxes profanas.
E Teatro en Punto porá o broche de ouro coa peza teatral A miña irmá Antonia no domingo 29. Será no Elma, ás 19.30 horas.
A segunda das exposicións ao abeiro desta axenda valleinclaniana e o acto conmemorativo da nacenza de Valle-Inclán coa tradicional ofrenda cívica e o concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal adíanse por mor da previsión meteorolóxica. Cando haxa nova data, esta será comunicada.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.