O Concello de Boiro celebrou este xoves 19 de outubro o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión, que pode visualizarse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro, saldouse, entre outros acordos, coa aprobación para continuar co proceso de municipalización da Piscina da Cachada, proceso do que falamos os días pasados con motivo da aprobación dos primeiros pasos a seguir. O obxectivo é “recuperar a xestión do servizo multiusos do Complexo Deportivo da Cachada e que pase a xestionarse do xeito máis sustentábel e eficiente posíbel, dando prioridade á xestión directa”.

1. Aprobación da acta da sesión anterior – aprobación con 16 votos a favor (PSOE, PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo).
2. Aprobación inicial do ditame de modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmóbeis – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).
3. Aprobación do ditame de rectificación do inventario de bens – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e Boiro Novo) e 7 abstencións (PP e BNG).
4. Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da Piscina da Cachada – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
5. Moción do Partido Popular en relación co recurso de inconstitucionalidade interposto contra a lei integrada do litoral de Galicia – rexeitada con 7 votos a favor (PP e BNG), 9 votos en contra (PSOE) e 1 abstención (Boiro Novo).



