Barahúnda presentará en Rianxo “Fremosas”, a súa contribución ás cantigas de amigo e de amor

27 Outubro 2023

O vindeiro 3 de novembro vaise presentar en Rianxo o libro Fremosas. Cantigas de amigo e de amor de Barahúnda. Trátase dunha actividade abeirada á programación do Outono Cultural do Concello de Rianxo que contará coa presenza de Aurora Marco, Xesús Santos, Helena de Afonso e José Lara Gruñeiro, aos que se sumará o alcalde Julián Bustelo. O acto complementarase coas actuacións musicais de Margarita Viso Soto e Barahúnda. Celebrarase o vindeiro venres ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada será de balde até completar a capacidade da sala. Será preciso retirar os convites dende unha hora antes do comezo da actuación (máximo 2 por persoa). Organizado por Barahúnda coa colaboración do Concello de Rianxo.

A obra

Fremosas. Cantigas de amigo e de amor, editado polo selo noiés Toxosoutos é o quinto traballo da agrupación Barahúnda e pretende ser, nas súa palabras, “un artefacto musical, literario e divulgativo”. Foi proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que a agrupación creou a través dos anos, máis as que se compuxeron exclusivamente para esta, “a nosa persoal colección de lírica medieval galego-portuguesa”, explican.

Barahúnda

Barahúnda é unha agrupación madrileña afincada en Rianxo e formada por Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións), decote acompañados de Txema Mawenya ás percusións e eventualmente doutros músicos. Centran boa parte da súa creatividade artística en reivindicar a tradición das cantigas galego-portuguesas, musicadas pola propia agrupación.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.