Aviso laranxa por vento no mar para o martes en toda Galicia agás A Mariña

23 Outubro 2023

Meteogalicia prevé a activación de senllos avisos por fortes ventos e choivas para este martes en boa parte do país. As alertas serán de nivel laranxa por vento no mar para practicamente toda a costa coa única excepción da Mariña onde será amarela.

En concreto, o aviso laranxa afectará o litoral das provincias de Pontevedra e A Coruña, desde A Guarda ata Estaca de Bares. Prevense ventos de forza 8 (60 quilómetros por hora) desde as 9,00 da mañá ata mediodía.

En terra, os refachos provocarán avisos amarelos por superar os 70 e, mesmo, os 80 quilómetros por hora en toda a provincia de Pontevedra; en concellos próximos á costa da Coruña, fóra da zona do Barbanza; a comarca da Mariña; e as montañas de Lugo e Ourense.

A estes avisos haberá que sumar os de nivel amarelo previstos por abundantes precipitacións, de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora en municipios de Costa da Morte, na península do Barbanza, na comarca de Santiago e noutras zonas do interior da Coruña.

O paso dunha fronte activa deixará un episodio de chuvias e ventos intensos durante a mañá.

Outros artigos

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...