As escolas infantís da Pobra repiten a experiencia na actividade Pinta a Valle-Inclán

17 Outubro 2023


Ateigada semana cultural na Pobra do Caramiñal coa continuidade da vixésimo quinta edición das
Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Neste ano vólvese apostar por introducir na programación unha serie de accións dirixidas á comunidade educativa para achegárlle-lo literato cun contido distendido e adaptado a cada rango de idade.
Deste xeito, as crianzas da educación infantil repiten a experiencia na proposta Pinta a Valle-Inclán. A partir deste 17 de outubro poderán aplicar calquera técnica plástica que consideren sobre ilustracións da autoría do artista Siro. Posteriormente, configurarase unha exposición con todas elas que se exhibirán nunha instalación municipal.
Ata os centros de ensino da infantil da localidade desprazáronse a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, coa finalidade de efectua-lo repartimento das láminas.
Participan escolares da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo, da Tomada e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
A maiores, a primeira das exposicións ao abeiro desta axenda terá lugar no xoves 19, ás 20.00 horas, coa apertura ao público de 25 anos de cultura valleinclaniana, na casa da cultura Raquel Fernández Soler. Trátase dunha fotocronoloxía elaborada con fondos do propio museo.
O apartado dos relatorios proseguirá no venres 20 con Teresa Bretal Martínez, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña e compositora, quen disertará sobre Como facer música da obra de Valle- Inclán: a ópera “Divinas palabras” de García Abril. Será ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Xa no sábado 21 haberá unha dobre cita no dito auditorio. Primeiramente, ás 20.00 horas, presentarase o libro La España Tradicional, de Ramón del Valle-Inclán; unha edición a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina que publica o Foro Galicia e Valle-Inclán. Deseguido, ás 20.30 horas, o grupo Ouriol (con Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez) combinará poesía, música e pintura no recital Claves líricas.
E a dramaturxia chegará no domingo 22 con Cía. Sala Negra; compañía que representará sobre as táboas do Elma, ás 19.30 horas, a función Esperpento.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...