As Escolas Deportivas do Son poñen o foco nas parroquias e nos hábitos saudábeis para maiores

10 Outubro 2023

O Concello de Porto do Son achegou co inicio de curso unha nova edición das súas Escolas Deportivas, cun programa ateigado de actividades variadas e deslocalizadas que teñen o inicio fixado para este mes de outubro. As escolas desenvolveranse en diferentes parroquias: Santa Irene no Son (predeporte, acrobacias, baile moderno, mantemento de maiores, pilates, bike, cross training e total training), Portosín (zumba, bike, pilates, atletismo e cross training), Queiruga (mantemento de maiores e pilates), Xuño (mantemento de maiores, cross training e predeporte), Caamaño (mantemento de maiores) e San Pedro (mantemento de maiores).

Unha parte relevante do programa foi concibida para achegar hábitos deportivos e saudábeis para a poboación sénior do concello, a través dos cursos de mantemento de maiores. A información sobre as actividades pode solicitarse a través de deportesdoson@gmail.com e a través do teléfono 981 76 77 58.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.