Ana Rial presenta na Pobra o seu libro “Carme e a serea Mariña” (o 3 de novembro)

30 Outubro 2023

O Auditorio do Museo Valle-Inclán prepárase para unha nova cita literaria. A Pobra do Caramiñal convértese na segunda parada da serie de presentacións do libro infantil Carme e a serea Mariña, da xornalista Ana Rial Maneiro, programdada para o 3 de novembro, ás 20.30 horas.

Participarán, xunto coa propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a vicepresidenta da A. C. Barbantia, Encarna Pego. Ademais, o acto estará amenizado pola Escola de Música da Pobra.

Se ben ambientada en Palmeira, pero extrapolábel a calquera poboación costeira, a dita obra dirixida a público infantil narra a historia da fazaña dunha nena e dunha serea para combateren unha grande ameaza que pon en perigo o medio ambiente ao tempo que se establece entre elas unha fermosa amizade. Así, mar e terra deixarán de lado as súas diferenzas para se centraren no que os une.

O acceso é libre ata completar a cabida da referida instalación municipal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.