Amicos e o Concello de Ribeira sentan as bases para futuras colaboracións

24 Outubro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño e a concelleira de Educación e Igualdade, Cruz Rivadulla, mantiveron este martes 24 de outubro, no Consistorio, unha reunión con representantes da asociación inclusiva Amicos, con sedes principais en Ribeira e Boiro, para a posta en común de posíbeis vías de colaboración.

Un intre da xuntanza mantida no Consistorio este martes 24. Imaxe de Alba Cambeiro (C.R.)

A organización desenvolve múltiples programas de labor social adicados a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Así, o propósito desta reunión foi a de fortalecer a colaboración entre o Goberno municipal e a asociación comarcal en aras de mellorar o benestar comunitario e promover o apoio e a inclusión dos cidadáns máis vulnerábeis.

O Goberno municipal enxalzou o labor de Amicos e recoñeceu o seu compromiso coas persoas que sofren algún tipo de discapacidade. “É moi importante sensibilizar á comunidade sobre os desafíos aos que se enfrontan estas persoas; así como tamén involucrar aos cidadáns na solidariedade e inclusión social”, afirmou o alcalde Luís Pérez Barral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...