Airiños inaugura a exposición dos seus 90 anos de historia (e presenta o libro que documenta este tempo)

16 Outubro 2023

Este domingo inaugurouse en Rianxo a exposición que conmemora as nove décadas de traballo incansábel da histórica agrupación teatral con sede en Asados: o grupo Airiños. Trátase da mostra 1933-2023, Airiños 90 anos, a través da cal poderemos ver o vestiario que marcou a longa historia da agrupación sobre as táboas e en cuxa inauguración participaron o tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Julio Alcalde, e a concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal.

A cerna da exposición é como dixemos unha escolma dos vestiarios das funcións levadas a cabo dende 1933 polo grupo rianxeiro, dende o máis actual (pezas como As vellas non deben de namorarse, Unha primavera para Aldara, Romeo e Xulieta, República Sideral) até outras máis antigas que teñen o engadido extra de amosar aos visitantes a pátina do tempo, como A fiestra baldeira ou Os vellos non deben de namorarse, escritas ambas por outros dous ilustres veciños de Rianxo: Rafael Dieste e Castelao. Tamén pode verse o vestiario de A fraga desanimada, cuxas prendas levan inscrustadas pólas reais de piñeiro e de eucalipto.

Na cita presentouse tamén o libro Airiños: 90 anos de teatro do pobo. A exposición poderase visitar no Auditorio de Rianxo durante as vindeiras semanas. Para a dobre cita contouse coas actuacións de Barahúnda e Sabela Galbán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...