A Panadaría leva a súa revolta de limpadoras (“As que limpan”) ao Auditorio de Rianxo (este sábado 14

13 Outubro 2023

A agrupación teatral A Panadaría vai levar a Rianxo, esta finde, un dos seus meirandes éxitos sobre as táboas: As que limpan. Será este sábado 14 de outubro no Auditorio Municipal. O espectáculo, que vén da man do Concello (ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña), dará comezo ás 20.30 horas. Trátase dunha peza de aproximadamente unha hora e media de duración, recomendada para persoas maiores de 12 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade (a retirada de convites hai que facela dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio).

As que limpan parte dun letreiro pendurado no manubrio dun cuarto no que se le “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. A obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos.

As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Neste novo espectáculo as fundadoras da Panadaría formúlanse estas preguntas: é posíbel revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sustentábel? Quen limpa a casa da limpadora?

“Hai persoas que nunca limparon un váter e hai outras que limpan cincocentos ao mes”, sentencian dende A Panadaría.


Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.