“A eólica mariña, fóra dos caladoiros de pesca”. Antón Luaces

14 Outubro 2023

O sector pesqueiro galego, especialmente o de baixura, aínda non dixo a derradeira palabra en relación aos muiños de vento no mar. Pero teñen asumido os mariñeiros que alguén debe dar o paso decisivo se Galicia non quere perder a súa esencia pescadora e, con ela, o seu potencial socieconómico tan dependente da pesca marítima. Este é o motivo fundamental polo que este sábado, 14 de novembro, a confraría de pescadores de Cedeira vai ser escenario dunha que se espera sexa masiva concentración para deixar claro, diáfano, que a xente da pesca rexeita a instalación dos eólicos mariños nos caladoiros que nutren de pesca a un sector do que, claramente, viven miles de persoas. A concentración vai ter lugar ás 12,00 horas. Previsiblemente, no salón de actos da mesma confraría, Torcuato Teixeira e Basilo Otero, cabezas visibles do movemento cidadá contra a eólica mariña nas costas de Galicia, pronunciarán unha charla sobre o particular.
Unha outra vez chama a atención dese manterse nun terceiro plano a respecto da problemática que afecta ao sector pesqueiro por parte da Xunta de Galicia, nomeadamente do novo conselleiro deste sector.
Ë que non interesa por algún motivo, é que, política e socialmente, a eólica mariña ten måis interese para a Xunta que todo o sector da pesca de baixura?. Ou será que na serra de Madrid, onde agora ordena e manda un expresidente da Xunta de Galicia, o vento, por non ser mareiro, non interesa ás multinacionais do vento e a electricidade?. Interesará máis o diñeiro recadado no sector pesqueiro a través da eólica mariña que o procedente de contas bancarias de entidades “amigas”?. Que beneficios extras poden dar as industrias eléctricas que superen aos procedentes da satisfacción causada polo pleno emprego no sector da pesca?.
Galicia, sí, é un sitio distinto, sobmetido aos intereses alleos. De que seremos debedores os galegos para que os que nos gobernan teñan màis miramentos cos de fóra?.
E serà que teremos que aprender a dicir Sangenjo e Mugía?..

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.