A Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo asinan o convenio para a redacción do proxecto da residencia de maiores do municipio

06 Outubro 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, asinaron esta mañá o convenio para a redacción do proxecto da residencia de maiores que a institución provincial financiará no municipio.

No texto específicase a posta da disposición dos terreos por parte do Concello pontés no SU Rianxiño Z13, así como unha achega económica de 38.500 euros por parte da Deputación para financiar tanto o proxecto técnico como o estudo xeotécnico.

O texto especifica que “a raíz do estudo realizado pola Deputación para a diagnose e plan de acción en materia de servizos sociais na provincia, detectouse unha eiva significativa de dotacións destinadas a maiores, especialmente de tipo residencial. As residencias existentes no territorio non responden á demanda real, ademáis de ser en moito casos de titularidade privada”

Sinálase ademáis que “froito do sistema existente, moitos maiores vense lonxe do seu entorno, ao non existir recursos próximos, fomentando o desarraigo e unha imposibilidade de seguir vinculados ao núcleo familiar, ocasionando episodios de soidade non desexada” e que “a pandemia puxo de manifestó a necesidade doutro modelo residencial, de menor escala”, en consonancia “cos modelos observados noutros países europeos”:

Residencias en Rianxo, Ordes e As Pontes

Froito desa necesidade nace a vontade da Deputación de facer un proxecto piloto para a redacción dos proxectos básicos de tres residencias de carácter comarcal, en localizacións escollidas polo seu devalo demográfico. Do estudo realizado concluiuse que as localizacións idóneas para este proxecto piloto de residencias son Ordes, As Pontes de García Rodríguez e Rianxo, municipios nos que a Deputación desenvolverá tres residencias de maiores dentro deste proxecto, cun investimento previsto de 6 millóns de euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.