A Casa da Cultura de Portosín acollerá clases de ioga para todos os niveis

02 Outubro 2023

A Casa da Cultura de Portosín vai acoller clases de ioga durante o curso escolar que vén de comezar. Desenvolveranse os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas, e os martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas. Serán actividades formativas de iniciación (principiantes) e tamén de nivel intermedio, aínda que, segundo avanzan dende o profesorado, as clases adaptaranse ao nivel de todas as persoas participantes.

As sesións porán o foco no ioga dinámico e o ioga de iniciación para gañar mobilidade, aumentar forza e flexibilidade, tonificar, reducir estrés e mellorar a nosa saúde. O prezo das clases será de 30 euros ao mes (dous días á semana). Podemos solicitar información a través do número de teléfono 649 084 442. Organizan Kapaki Surf & Long e Mar e Vento.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.