A ABE entrega 1.000€ en premios da campaña “Volta ao Cole”

11 Outubro 2023

Na mañá deste mércores, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar a entrega de premios da campaña Volta ao Cole “Enchemos o teu peto”

En total entregáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 10 premios de 100€.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos e rexistrando tíckets para acumular puntos e cambialos por agasallos do catálogo”

Durante o mes que durou a campaña rexistráronse 2.226 tíckets de compra. Como curiosidade indicar que o de menor importe foi un de 45 céntimos dunha compra nunha mercería e o mais alto de 1.111 dunha instalación eléctrica.

Para finalizar o presidente quixo agradecer “aos clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro” e recordou que “os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar a noraboa pola súa colaboración”

Premios, premiados e comercios onde se realizou a compra.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.