O departamento de Cultura que dirixe José Pérez informou de que esta semana entrante será a recta final para presentar curtametraxes á XXIV edición da Mostra de Curtas de Noia. Concretamente, o prazo remata o 30 de setembro ás 14h. Podemos enviar os nosos traballos de xeito online a través de Click For Festivals e Festhome, ou por correo físico ao seguinte enderezo: Mostra de Curtas Vila de Noia, Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro 2, 15200 Noia, A Coruña.

Na súa 23ª edición, as grandes triunfadoras foron a cinta escandinava Tonser, Premio á Mellor Curtametraxe na Mostra Vila de Noia; Mañana Volveré, de Hugo de la Riva, Premio Especial do Público; e o actor e director Iván Marcos, quen recibiu o galardón honorífico. O ano pasado tamén pasou á historia pola emotiva homenaxe ao actor, director e humorista galego Pedro Brandariz, recentemente falecido.



