“Tía Manuela: Costureiras, a coser”. Luís Celeiro

14 Setembro 2023

Gañouse a verdadeira amizade da sogra facéndolle un mandil cada mes, doce pezas cada ano. Uns eran lisos e negros, outros eran claros e de cadros ou de raias verticais, de acordo con outras raias debuxadas nos petos en forma horizontal. Eran elegantes, tapaban a roupa de diario ou a de vestir e atábanse á cintura ou ao pescozo. A sogra ía co mandil á misa, á horta, ao souto, ao soto das patacas, tornar a auga ao prado ou á feira para vender os ovos.
Ela non era costureira, pero facíao ben, moi ben. Cosía polas noites despois de atender ao traballo, ás vacas, aos cochos da ceba e tódalas cousas da casa, aos vellos da casa e aos meniños. Era guapa e de pelo negro, disposta, afamada traballadora e a única do lugar capaz de ensinarlle a ler á numerosa cativada.
Polas casas do lugar andaba traballando para fóra a costureira, unha modista mal pagada que cosía por encarga de noite e de día. Unha, igual que as outras, de casa en casa e de lugar en lugar, onde as chamaban e alí, cando menos, comían. Comían e aguantaban a miseria e as penurias daquelas épocas de escaseza. Despois de xantar, a costureira acompasaba o seu lento mover da man con aquel canto de “un ovo é un ovo… un ovo é un ovo…” ata que a ama da casa acordou de servirlle dous ovos á comida. Daquela, o canto e a man da costureira cambiaron de ritmo, “dous xa son dous … dous xa son dous …”,
Todas as costureiras eran ilustres aldeás, como Dosinda, comprometidas e rigorosas no traballo e no trato coa cidadanía. Actualmente no rural non hai nada para coser, non hai tea, non hai lenzo, non hai estopa nin máquina para levar na cabeza. Na cidade si, están as modistas cosendo nas súas casas, nos seus talleres de costura, de deseño e feitura.
As costureiras destes tempos novos fan traxes como facían os alfaiates, os xastres de antes; cortan, cosen sen ganduxar e manexan o oficio con destreza e sabedoría, con profesionalidade e sen dedal.
No taller faise roupa para as mulleres e para os homes. As máquinas de coser son de pé, de man e eléctricas; as tesoiras, as agullas e imperdibles son igual que sempre. Elas non. Elas son modernas deseñadoras que combinan as cores e os modelos para facer de novo ou para remendar o vello.
Como di a Tía Manuela, “moito queda por arranxar e por coser” nesta sociedade rota por arriba e por abaixo, pola dereita e pola esquerda. Será cousa das costureiras? Ou “da dona que moito mira e pouco fía”. Será, será… Quen será aquela costureira que traballa, fai e desfai, corta e cose sen parar?

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.