Rosana Pérez cualifica de “continuista” a política do novo conselleiro do Mar

12 Setembro 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez criticou este martes 12 de setembro a política do novo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que cualificou de “continuista” en relación ao traballo da súa antecesora, Rosa Quintana. A pobrense Rosana Pérez convidou ao conselleiro a “asumir a situación que atravesa o sector e a escoitar aos seus representantes”, incluídos aqueles que lle resultan “molestos e que aínda seguen esperando a ser atendidos polo novo conselleiro, que nin sequera lles contesta”, dixo, engadindo que “non abonda con mudar as caras, hai que mudar a actitude”, tras escoitar ao novo titular de Mar nunha comparecencia a petición propia para dar conta da súa xestión.

Referiuse, en concreto, á polémica que se está a vivir na ría de Muros-Noia polas verteduras da mina de San Finx. “Todo o sector da ría pide a gritos que non manteñan o despropósito e o desatino que supón a mina e vostedes aínda veñen de conceder o vertido de augas en febreiro”, expuxo como “exemplo de falta de diálogo”, apuntando que é “difícil chegar a puntos de encontro cando se nega de maneira sistemática a realidade”.  Rosana Pérez aproveitou a sesión deste martes no Parlamento para advertir da “perda de produtividade alarmante e manifesta nas rías galegas”. Tamén urxiu ao conselleiro a actuar xa para poñerlle remedio cun plan estratéxico de recuperación e co orzamento  preciso para a súa aplicación.

 “Vostedes seguen actuando como se non pasara nada”, díxolle a deputada, quen lembrou que os datos que apuntan dende hai anos a unha preocupante falta de produción, datos “que non inventa o BNG” senón que “saen de organismos da propia consellería, como Pesca de Galicia, ou do INE”, comentou a deputada da Pobra, engadindo que “nos últimos anos a produción vai a menos, perdemos buques, perdemos Permex e perdemos postos de traballo”.

A deputada nacionalista criticou tamén a falta de execución dos orzamentos da Consellería, como sucedeu no 2022, ano con 197 millóns de euros “dos que quedaron sen executar case cincuenta”.

A representante do BNG criticou tamén “a pasividade da Consellería do Mar para facer valer os intereses de Galiza ante a Unión Europea”. Tamén se laiou de que “non se teñan cumprido os acordos do Parlamento para aumentar o peso de Galiza nas negociacións coa Unión Europea no relativo á pesca”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.