As Festas Patronais de Santa Uxía (Ribeira) veñen este ano cun intenso e diverso programa para despedir o verán. Celebraranse entre o venres 8 de setembro e o martes 12. Os festexos abren o venres cun espectáculo infantil, A grandeza do pequeno, de Iseo A Moura, na praza da igrexa (porta do Sol) ás 19h. Pola noite (ás 21h) inaugúrase a mostra En comuñón co mar, de Francisco Paz, no Centro Cultural Lustres Rivas e logo virá a quenda dos concertos: de Miguel Costas (ás 23h no malecón) e de Virtual Project (no malecón ás 00.50h). Ás 00.30 celebrarase no porto un espectáculo pirotécnico.
O sábado haberá festival de música con Tahume (ás 17.30h) e a terceira Ruada do Traxe Aires de Dorna (ás 20h). Ás 22.30) actúan Planet Disco Móvil e Maikstyle DJ na porta do Sol.
O domingo comeza con ruada (Cherumia) ás 11h e pola tarde haberá teatro familiar (As minas do rei Salomón) na praza da porta do Sol ás 20h.
O luns actuará ás 22h a orquestra Capitol no Malecón.
O martes, Día de Santa Uxía, haberá ruada (ás 11h) a cargo de Xiada. Ás 12h haberá misa solemne na honra de Santa Uxía, seguida dunha procesión acompañada da Xoven Banda de Narón e Xiada.

O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, e a concelleira de cultura Antía Alberte, o tenente de alcalde Vicente Mariño e o párroco Alfonso Mera presentaron hoxe as festas patronais de Santa Uxía.

Alba Cambeiro. Concello Ribeira



