Ribeira e Funchal (Madeira) estreitan lazos nunha visita institucional do alcalde á cidade

15 Setembro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e Xoan Pastor, director do Museo do Gravado de Artes foron recibidos polo presidente da Câmara Municipal do Funchal, Pedro Bettencourt Calado, e por Francisco Faria Paulino, director do Centro Cultural e de Investigação de Funchal nunha visita institucional.

Luis Pérez Barral e Xoan Pastor Rodríguez entregando os agasallos na Cámara de Funchal (fotos de André Ferreira)

A cidade de Funchal, capital da illa de Madeira (Portugal) recibiu ao alcalde de Ribeira nun encontro que busca, segundo explicou o Concello, “fortalecer os lazos culturais, promover a cultura galega en Madeira e tamén unha colaboración frutífera entre ambas localidades”.

Esta visita oficial destacou a importancia da cooperación intermunicipal e a apreciación da diversidade cultural de ambos municipios.

Co propósito de promover o intercambio cultural e fortalecer os vínculos entre as cidades, o alcalde Luís Pérez fixo entrega dun agasallo especial; un libro do artista ribeirense Manuel Ayaso e un faro de Corrubedo, e convidou ao presidente da Câmara Municipal do Funchal a visitar o municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.