Este xoves 14 de setembro, co gallo do Feirón Mariñeiro (Festas da Guadalupe), haberá dúas saídas na goleta Evangelina dende o porto de Rianxo. Serán ás 10:00 e ás 11:30. Podemos reservar sitio chamando ao 644 525 976.
A goleta Evangelina ten ás súas costas 110 anos de historia navegando pola costa galega. Conta con capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.

Polo que se refire ao Feirón Mariñeiro, é unha celebración cultural que propón unha viaxe ao Rianxo de principios do século XX. Haberá artesanía, música, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa. Actuarán Cé Orquestra Pantasma e haberá Noite Folc con Río de Anxo e Os Mersenarios. E logo será a quenda de La Favorita e Assia.
