Rianxo achega en setembro dous roteiros para coñecer a importante contribución artística da plataforma Viladomar

01 Setembro 2023

Este mes de setembro celebraranse dous roteiros culturais e creativos en Rianxo grazas á colaboración entre a plataforma Viladomar e o Concello, ao abeira da celebración de Máis Alá dos muros.

Viladomar é unha plataforma de arte pública que ven realizando intervencións murais co festival Máis alá dos muros desde 2018. Deu comezo cun proxecto piloto presentado polas artistas locais Novenoel e Lara Torres, e impulsado por un equipo de traballo pertencente a Ondiñas Mainas, asociación cultural rianxeira que acolle gran diversidade de actividades interxeracionais e que actúa como catalizadora para contribuír a manter a cultura libre e viva en Rianxo.

O primeiro dos roteiros celebrarase o mércores 6 de setembro ás 11:00h, e o segundo o xoves 7 de setembro ás 19:30h. A través deles amosarase unha escolma de varias obras artísticas que se fixeron en Viladomar dende 2018 para coñecer máis de preto as historias que hai detrás dos murais, das artistas que as levaron a cabo e como estas se relacionan e contan anacos da propia historia de Rianxo. Nos roteiros participarán os artistas Lidia Cao, David Cuence e Alegría del Prado.

Inscricións abertas a través do formulario específico.

Calquera dúbida: turismo@avivae ou chamando ao 622322953

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.