Remata o campamento de verán de Outes no que participaron 300 nenos e nenas

09 Setembro 2023

Rematou o Outes Concilia de Verán polo que pasaron 300 nenos e nenas nas seis quendas nas que se dividiu o período estival. O concilia ten como finalidade facilitar a conciliación das familias e xerar unha oferta de ocio entre a rapazada.
Nesta edición leváronse a cabo diversas actividades:
+ Excursión ao Acuapark de Cerceda.
+ Obradoiros de igualdade.
+ Xornadas de Horta Clawn
+ Visita ao Nova Jump.
+ Paseo a bordo do Joaquín Vieta
+ Visita ao Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira.
+ Excursións á Praia de Broña
+ Actividades deportivas.
+ Festas Holi e diversos obradoiros.

O concelleiro de servizos sociais, Tono Caamaño, destacou que ” apostamos por este tipo de actividades que permiten ás familias compaxinar o traballo coa rapazada”. Pola súa banda, o alcalde Manolo González, celebrou o éxito nesta edición do servizo posto eN marcha en 2020.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.