
O alcalde do Concello de Boiro, José Ramón Romero, recibiu esta mañá na Casa Consistorial a representantes do Partido Galeguista e das entidades emigradas en Buenos Aires asinantes do Manifesto “Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Presidente do Consello de Galiza – Primeiro Presidente de Galiza” logo da súa visita ao municipio de Rianxo.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu a presenza dos asistentes e deu a coñecer a vinculación de Castelao co municipio de Boiro na través da figura de Ramón Martínez López, “un veciño de Boiro e unha das persoas de maior confianza de Castelao”.
Nos actos participaron Francisco López, secretario xeral do Partido Galeguista; o cineasta galego-arxentino, Xan Leira; María Carmen Castro, secretaria do Centro Betanzos; Bernardo Rey, presidente do Hogar Gallego para Ancianos; Carlos Ameijeiras, presidente ABC de Corcubión; José María Vila Alén, Presidente do Centro Galicia de Buenos Aires e membro do Consello de Administración da Delegación Arxentina da Fundación Galicia América; Diego Martínez Duro, presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Argentina; José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada de Arxentina; e Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao.



