Portosín, Queiruga e Porto do Son acollerán obradoiros de baile de Alecrín este mes de setembro

13 Setembro 2023

A Asociación Cultural Taller Alecrín vai encher a nosa comarca de actividades formativas arredor do baile co ciclo de obradoiros Baila con Nós. Entre os concellos incluídos na xira de Alecrín polo Barbanza atópase Porto do Son, que, xunto con Lousame, será dos primeiros en acoller as actividades de formación (a a partir deste semana). Celebraranse en colaboración co Concello sonense.

O ciclo de obradoiros porá o foco na linedance (modalidade de práctica en grupo na cal poderemos inscribirnos de xeito individual e na que se fará un percorrido dende o swing ata o funky pasando polo disco ou ritmos latinos como a bachata) e nos bailes de salón (onde se amosarán coreografías de tango, cha-cha-chá ou kizomba e para o que haberá que inscribirse en parella).

A Asociación Cultural Taller Alecrín é unha entidade que dende hai máis de trinta anos segue a ser referente no ensino do baile na comunidade galega. Actualmente desenvolve as súas actividades nas contornas de Santiago e Barbanza

As actividades formativas son impartidas por Francisco Muñiz, licenciado en Filosofía, xestor cultural, mestre e adestrador de baile deportivo, tango arxentino, salsa e linedance, coreógrafo e bailarín, é o responsable da Dirección Técnica e Pedagóxica do Taller Alecrín dende os seus inicios.

Datas en Porto do Son

14 de setembro na Casa da Cultura de Portosín

21 de setembro na Casa da Cultura de Queiruga

28 de setembro na Escola Municipal de Danza de Porto do Son

Información e inscricións no teléfono 698 150 432.

Podemos consultar o programa completo de actividades de Alecrín para a nosa comarca na noticia publicada por este medio hai uns días.

Outros artigos

O BNG lembrou este sábado aos Mártires de Nebra

O Bloque Nacionalista Galego lembrou este 12 de outubro nun acto público aos Mártires de Nebra (en Porto do Son), unha revolta na que hai exactamente 108 anos catro mulleres e un home foron asasinados a tiros pola Garda Civil despois de varias protestas en queixa por...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...