O Taller Alecrín organiza no Barbanza obradoiros de baile (“linedance” e bailes de salón) durante todo setembro

10 Setembro 2023

A Asociación Cultural Taller Alecrín vai encher a nosa comarca de actividades formativas arredor do baile. Trátase do obradoiro Baila con nos, que se vai desenvolver nos nosos concellos dende o 1 até o 30 de setembro.

O luns, 11 de setembro, comeza en Valga o programa de obradoiros de baile gratuítos Baila con Nós que a asociación Cultural Taller Alecrín porá en marcha ata o 30 de setembro polas contornas da Barbanza e Santiago en colaboración con diferentes entidades, públicas, asociativas e privadas.

O ciclo de obradoiros porá o foco na linedance (modalidade de práctica en grupo na cal poderemos inscribirnos de xeito individual e na que se fará un percorrido dende o swing ata o funky pasando polo disco ou ritmos latinos como a bachata) e nos bailes de salón (onde se amosarán coreografías de tango, cha-cha-chá ou kizomba e para o que haberá que inscribirse en parella).

Para inscribirnos ou pedir calquera outra información referida ao programa podemos dirixirnos ao teléfono do Taller Alecrín 698 150 432.

A Asociación Cultural Taller Alecrín é unha entidade que dende hai máis de trinta anos segue a ser referente no ensino do baile na comunidade galega. Actualmente desenvolve as súas actividades nas contornas de Santiago e Barbanza

As actividades formativas son impartidas por Francisco Muñiz, licenciado en Filosofía, xestor cultural, mestre e adestrador de baile deportivo, tango arxentino, salsa e linedance, coreógrafo e bailarín, é o responsable da Dirección Técnica e Pedagóxica do Taller Alecrín dende os seus inicios.

PROGRAMA 2023 “BAILA CON NÓS”

LUNS, 11. CASA DA CULTURA. VALGA

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

MARTES, 12. POLIDEPORTIVO DE FONTIÑAS. SANTIAGO

LINEDANCE II DE 18:30 A 19:30

LINEDANCE I DE 19:30 A 20:30

BAILES DE SALÓN DE 20:30 A 21:30

MÉRCORES, 13. LOCAL SOCIAL DE ALDEAGRANDE. LOUSAME

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

XOVES, 14. CASA DA CULTURA DE PORTOSÍN. PORTO DO SON

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

VENRES, 15. POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA. BOIRO

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

SÁBADO, 16. CASA DA CULTURA DE OLEIROS. RIBEIRA

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

LUNS, 18. CENTRO CULTURAL FERNANDO DE CASAS E NOVOA. SIGüEIRO-OROSO

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

MARTES, 19 CASA DAS ASOCIACIÓNS. SANTIAGO

LINEDANCE DE 19:00 A 20:00

BAILES DE SALÓN DE 20:00 A 21:00

MÉRCORES, 20 CASA DA CULTURA DO ARAÑO. RIANXO

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

XOVES, 21 CASA DA CULTURA DE QUEIRUGA. PORTO DO SON

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

VENRES, 22 CASINO. NOIA

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

SÁBADO, 23. CLUB NÁUTICO DE RIBEIRA

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

LUNS, 25. PAZO DE RIANXIÑO. RIANXO

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

MARTES, 26. CENTRO SOCIOCULTURAL DE AMIO. SANTIAGO

LINEDANCE II DE 18:30 A 19:30

LINEDANCE I DE 19:30 A 20:30

BAILES DE SALÓN DE 20:30 A 21:30

MÉRCORES, 27. AULA DE MÚSICA DE AGUIÑO

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

XOVES, 28. ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA. PORTO DO SON

LINEDANCE DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

VENRES, 29. CENTRO SOCIOCOMUNITARIO. POBRA

LINEDANCE I DE 19:30 A 20:30

LINEDANCE II DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN DE 21:30 A 22:30

SÁBADO, 30. CONSERVATORIO DE MÚSICA. RIBEIRA

LINEDANCE II DE 18:30 A 19:30

LINEDANCE I DE 19:30 A 20:30

BAILES DE SALÓN I DE 20:30 A 21:30

BAILES DE SALÓN II: DE 21:30 A 22:30

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.