Ponse en marcha a orde de axudas para a construción de escolas infantis municipais. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou o PAI de Lousame

12 Setembro 2023

A nova convocatoria, que se publica mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), están dotada con 34 millóns de euros. Os concellos terán de prazo ata o vindeiro 13 de outubro para solicitar estas axudas

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou hoxe que a Xunta volve poñer en marcha a orde de axudas para a construción e ampliación de escolas infantís que dependen dos concellos.
Fíxoo durante unha visita ao Punto de Atención á Infancia (PAI) de Lousame na que estivo acompañada da alcaldesa, María Teresa Villaverde.
Esta nova convocatoria, que permitirá dotar aos concellos de máis prazas de 0 a 3 anos nos seus centros, publicarase mañá mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) e está dotada dun orzamento de 34 millóns de euros. Os concellos terán a partir do xoves un mes de prazo, ata o vindeiro 13 de outubro, para presentar as súas solicitudes de fondos.
A conselleira enmarcou estas axudas nos avances en conciliación e apoio ás familias conseguidos nos últimos anos e que sitúan a Galicia á vangarda neste ámbito. Así, lembrou que somos a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha Lei de Impulso Demográfico que blinda iniciativas como a gratuidade de todas as escolas infantís, sexan da rede pública, de iniciativa social ou privadas. Unha medida na que o Executivo autonómico inviste máis de 55 millóns para que máis de 31.000 familias poidan levar gratis aos seus fillos á escola infantil que elixan e supón un aforro medio para os fogares de máis de 2000 euros ao ano.
Así mesmo, Fabiola García referiuse a outras medidas de apoio ás familias como a Tarxeta benvida, axuda directa de entre 1200 e 3000 euros que reciben os pais cando teñen un fillo; o centenar de casas niño creadas no rural, coas que se levan recursos de conciliación a concellos onde non existían; ou o reforzo do Bono Concilia Familia, co que os pais poden contratar un servizo extraordinario de conciliación cando o necesitan.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.