O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, analizaron este martes 5 os resultados da estratexia desenvolvida pola sociedade estatal, dependente maioritariamente do Gobierno, para xerar emprego e progreso económico en Galicia, tras catro anos nos que o seu polígonos industriais sumaron máis de 70 empresas. Segundo lembrou Sestayo, SEA impulsou a creación de preto de 2.000 postos de emprego desde 2019 a través dos 4 millóns de solo industrial que xestiona en Galicia.

Desde 2019, SEA atraeu o investimento, tan só en superficie empresarial, de 20 millóns de euros e contribuíndo así á plena ocupación de áreas empresariais como as da Pobra do Caramiñal, Monforte de Lemos, Rianxo ou Rábade, fortalecendo o crecemento das comarcas nas que se asentan as novas empresas.
Durante a reunión, coincidiron en poñer en valor o compromiso do Goberno central co emprego e a industria en Galicia, como se reflicte en medidas como a impulsada desde SEA que, por primeira vez en dez anos, iniciou ou aprobou o desenvolvemento de novo solo industrial (Cuntis, Monforte, A Laracha) para dar resposta á demanda empresarial existente e contribuír ao desenvolvemento económico destas comarcas.
Novos parques empresariais
Beatriz Sestayo trasladou ao delegado do Goberno as previsións de SEA para os próximos meses, entre as que figura a posta en marcha da comisión de seguimento do futuro polígono de Cuntis, que contará con 325.635 metros cadrados de superficie e que se executará de forma compartida con Consorcio Zona Franca de Vigo.
Na mesma estratexia, que pivota sobre a importancia de que as administracións sexan proactivas, próximas e con presenza social, SEA aprobou a ampliación dos polígonos empresariais da Laracha (A Coruña) e Monforte de Lemos (Lugo).
Ademais, desde SEA poñerase en marcha o proxecto Parques SEA Futuro, que inclúe medidas de planificación e execución de mellora dos parques existentes, adaptándoos ás características das novas actuacións: humanización, conectividade, tecnoloxización e responsabilidade social.



