Oitenta entidades deportivas da provincia reciben máis de medio millón de euros en axudas da Deputación para mellorar o seu equipamento

26 Setembro 2023

A Deputación da Coruña publicou este martes 26 de setembro, no Boletín Oficial da Provincia, a concesión definitiva das subvencións a entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento deportivo. As axudas chegan este ano a un total de 80 entidades deportivas da provincia cun investimento total de 568.579,88 euros.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, sinalou que a Deputación destina este ano 3,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas a entidades deportivas para o fomento do deporte, a competición federada en diferentes categorías, o apoio a grandes eventos deportivos e a dotación de novos equipamentos e infraestruturas.

“As liñas de subvencións deportivas da Deputación da Coruña contribúen a manter a actividade e a mellorar as infraestruturas de centos de clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías deportivas, axudando a situar aos equipos coruñeses na vangarda do deporte galego”, apuntou Leira, que detallou que máis de 600 entidades deportivas da provincia reciben o apoio da Deputación cada ano.

As axudas para equipamentos, que oscilan entre os 3.060 e os 9.500 € destínanse a cuestións como a adquisición de equipamento para vela adaptada e tenis de mesa inclusivo (ADECO-DEA), adquisición de lancha pneumática de salvamento e control de ruta (Club do Mar de Cariño), adquisición de embarcacións, remos e remolque (Club de Remo de Muros), renovación do chan do pavillón de San Amaro (Club do Mar de San Amaro), rehabilitación das pistas de pádel e substitución do céspede e peche perimetral (Casino Ferrolano-Tenis Club), adquisición de embarcacións e peirao flotante (Club Náutico Deportivo de Barraña, Boiro), compra de canastras 3×3 e minibasket (Federación Galega de Baloncesto), adquisición de tatami de competición (Federación Galega de Taekwondo) ou ferramentas electrónicas para a mellora do rendemento deportivo no baloncesto (Fundación Universitario de Ferrol).

Pódese consultar a lista completa no BOP deste martes 26 de setembro.

Inclúense axudas a entidades da nosa comarca como a Asociación Deportiva Esteirana Remo, o Club Piragüismo Rianxo, o Club de Remo Muros, o Club de Remo da Pobra, o Club de Remo de Rianxo, o Club Deportivo Natural Sport VIDELGI-Ribeira, o Club do Mar de Noia, o Club Halterofilia Noia, o Club Náutico Deportivo de Barraña (Boiro), o Club Náutico de Ribeira, o Club Remo Cabo de Cruz, o Club de Remo do Náutico de Ribeira e o Club Piragüismo Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.