O tenis de mesa protagonizará un Open Integrado na Pobra

06 Setembro 2023

O Polideportivo de Venecia acollerá no 16 de setembro a un Open Integrado de Tenis de Mesa. O evento arrancará ás 10.30 horas e contará con tres categorías: menores de 14 anos, sénior e persoas con discapacidade.

Con relación a isto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, referiuse ao “gran dinamismo deportivo presente na localidade durante todo o ano”, no cal as diferentes asociacións xogan un papel fundamental. De feito, para este open cóntase coa implicación da Agrupación Deportiva Costa Oeste-Dep. Adaptado (ADECO-DEA), entidade deportiva de carácter social que busca a integración das persoas con discapacidade a través da actividade lúdica e física. Neste senso, o edil fixo fincapé na importancia de que as institucións públicas sigan na liña de promover valores como a integración social e a igualdade de oportunidades; nesta ocasión, mediante o deporte.

As inscricións poderanse formalizar antes do inicio do evento a través do enderezo electrónico adeco.dea@gmail.com ou na dita instalación deportiva municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.