O Son honrou á Virxe do Carmen

08 Setembro 2023

A vila de Porto do Son honrou hoxe á Virxe do Carmen nas súas tradicionais festas que empezaron onte e alongaranse ata o luns. Logo das dianas e alboradas de Canlebó e da actuación da Banda de Música de Noia, Porto do Son celebrou a procesión do Carme dende a capela da Atalaia até o porto, ondetivo lugar a misa solemne . Ao rematar, celebrouse procesión marítima.

Pola súa banda o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu hoxe ao xantar organizado polo Concello e a confraría de pescadores local no marco dos actos pola festividade da Virxe do Carme. 

As festas alongaranse durante a fin de semana e así este sábado 9 será o día da Virxe do Loreto. A xornada comezará novamente con Canlebó e, tamén, coa Banda de Música de Caamaño. Haberá misas na capela do Loreto (cada hora dende as 8h até as 13h, e pola tarde ás 19 e ás 20h). Ás 13h celebrarase unha sardiñada popular no campamento do Loreto e Paco de Leña encargarase da sesión vermú. A verbena, pola noite, virá da man de Olympus, Chocolate Disco Móbil, Kike Varela e Mateo Abelleira.

O domingo será na honra de San Roque. Comezará con Canlebó e coa Banda de Música de Caamaño. Ás 12h haberá misa solemne na capela da Atalaia e logo procesión. Ás 19.30 terá lugar a Festa das Cores no porto e pola noite verbena con Parías de Noia e Costa Dorada. O luns 11 comezará coas dianas e alboradas de Chorimas e a Banda de Caamaño. Ás 12 haberá misa solemne na igrexa parroquial, seguida de procesión. Ás 17h, inchábeis e xogos para a rapazada no xardín do porto. Pola noite, verbena con Marbella e Assia. Ás 0.00 botaranse os fogos de artificio. As festas rematarán cunha ruada, unha festa da auga e unha traca final a cargo da Charanga Os Celtas.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.