O PP de Ribeira presenta unha moción para rexeitar a amnistía

22 Setembro 2023

O PP de Ribeira, a través da voceira do grupo María Sampedro Fernández, presentou unha moción para ser debatida no pleno ordinario da Corporación Municipal do día 25 de setembro relativa á amnistía que supostamente pactarán, para lograr a investidura, PSOE e os partidos independentistas.

Exposición de motivos

Na moción, os populares de Ribeira lembran que “o 15 de outubro de 1977 o Congreso dos Deputados aprobou a Lei de Amnistía que seguiu o principio de reconciliación nacional que guiou a nosa transición á democracia. A amnistía era unha demanda social e unha necesaria e imprescindible impugnación do ordenamento xurídico da ditadura. Foi un dos instrumentos cos que se puxo punto final á represión que sufriu unha parte da sociedade española e un dos grandes acordos que consolidaron o noso camiño á democracia”.

Engaden que “nunha democracia europea consolidada, como é a española de 2023, unha amnistía, ademais, atenta contra algúns dos principios básicos do Estado de Dereito como son a exclusividade do poder xudicial para xulgar e facer executar o xulgado, a igualdade na aplicación da lei e a seguridade xurídica. Nin o lexislador nin o poder executivo poden arrogarse a facultade de declarar inmune a un grupo de persoas, borrar os seus delitos e mesmo evitar que sexan xulgados como calquera outro cidadán. Todo iso ademais mentres que tanto o Tribunal de Xustiza da UE como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos teñen pendente resolucións referidas á cuestión, sobre a que se expón a posible amnistía e que afectan a España”.

Segundo explican os populares, “o prezo da presidencia non sería só exculpar centenares de delitos senón deslexitimar o Estado de Dereito e branquear e considerar a lexitimidade da sedición que se levou a cabo. En definitiva, un inasumible prezo político para calquera gobernante decente e que a falta de rexeitamento explícito e contundente por parte do Goberno está a causar unha profunda conmoción social”.

Por todo iso, o Grupo Municipal no Concello de Ribeira presenta a seguinte moción:

1. Rexeitar calquera tipo de amnistía ou indulto xeneralizado para calquera grupo de cidadáns, calquera que sexa o seu delito.

2. Considera que o imperio da lei é a expresión da vontade popular, tal e como establece o preámbulo da Constitución, e compromete a todos os poderes para o seu cumprimento.

3. Anima aos dous partidos maioritarios a buscar acordos de Estado que eviten que a sociedade española véxase sometida ás condicións ilegais de partidos independentistas.

4. Dar traslado destes acordos a Presidencia do Gobierno, á Vicepresidencia Primeira e Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, á Vicepresidencia Segunda e Ministerio de Traballo e Economía Social, ao Ministerio de Política Territorial, e ás voceiras parlamentarias no Congreso e o Senado; así á Xunta de Gobierno da FEMP.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.