O Parque Nacional de Galicia mostra os seus tesouros a través de visitas en kaiak (até finais de setembro)

16 Setembro 2023

A Xunta colabora este verán nunha actividade educativa para que os visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia poidan “descubrir a través de visitas en kaiak a riqueza natural deste entorno de xeito sustentábel e diferente”. A actividade comezou a desenvolverse a comezos do mes de xuño e estenderase ata finais de setembro, sempre que o tempo acompañe, e ata o momento xa contou con ao redor de 2.000 participantes (1.000 en Cíes, algo máis de 400 en Cortegada, máis de 200 en Ons e ao redor de 150 en Sálvora).

Entre os visitantes deste ano cómpre destacar a ampla presenza internacional, con persoas procedentes de Brasil, Italia, Alemaña, Arxentina, Venezuela, Estados Unidos, Vietnam ou China, entre outros países.

O faro de Sálvora visto dende o mar

Ademais da propia ruta en kaiak, a iniciativa inclúe tamén aspectos educativos, formativos e de sensibilización ambiental impartidos de guías especializados que permiten aos participantes coñecer detalles dos fondos mariños a e importancia do parque. Neste sentido, ademais de gozar dunhas vistas únicas das illas, os visitantes poderán descubrir o valor cultural e natural deste espazo protexido.

Cómpre lembrar que os ecosistemas mariños son fráxiles e esenciais para a saúde dos océanos, e a exploración en canoa é unha vía sostible para percorrelos sen causar ningún dano ao medio natural. Por esta razón é importante impulsar actividades que, como esta, promovan a súa conservación a través do coñecemento e a divulgación científica.

Ademais, o percorrido por mar ofrece unha vista privilexiada dos fondos rochosos dos arquipélagos que compoñen o Parque Nacional. De feito, se non é a través dunha embarcación tipo kaiak ou similar, dificúltase moito a observación das comunidades de bosques de algas pardas que, como é o caso da Saccorhiza polyschides, conforman un hábitat vital para unha ampla variedade de seres vivos mariños.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.