O hotel Faro Lariño de Carnota recibe a certificación de Galicia Calidade

14 Setembro 2023

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables do hotel Faro Lariño, situado en Carnota (A Coruña), para entregarlles o certificado que acredita o dereito de uso do selo de Galicia Calidade. Faro Lariño poderá incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

A responsable de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, destacou nesta xuntanza a “privilexiada ubicación” deste hotel situado en Punta Ínsua, nunhas instalacións que foron habilitadas como establecemento de aloxamento turístico a partir de 2021 e que seguen a conservar a súa finalidade principal como faro.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Con esta nova incorporación, son xa máis de 30 os establecementos de hostalería que contan con este selo de garantía dentro das máis de 150 empresas adheridas, con máis de 780 produtos ou servizos avalados, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.