O ex director xeral de Minas da Xunta prestará declaración nun xulgado de Santiago por presuntas irregularidades na mina de San Finx

20 Setembro 2023

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago tomará declaración este, xoves 21 de setembro, o ex- director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, que declarará en calidade de imputado por varios presuntos delitos de falsidade documental relativos ás minas de San Finx, en Lousame. No mesmo auto chámase aos outros imputados no caso, o xefe do servizo de enerxía e minas na Coruña e un dos funcionarios do mesmo departamento.
Todos eles terán que presentarse nos xulgados composteláns por unha causa na que están persoadas como acusación popular a Cofradía de Pescadores de Noia, Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, logo de que se denunciaran numerosos informes asinados polos imputados que contiñan información presuntamente falsa sobre diversos aspectos da mina de San Finx.
Estes informes pretendían presuntamente, beneficiar a empresa concesionaria tentando facer pasar a presa de residuos mineiros de San Finx como parte das instalacións dunha central hidroeléctrica inexistente e, un ano máis tarde, relacionándo cun muíño de millo. Isto a pesar de que a presa de formigón, de 50 metros de largo e 14 de alto, construída pola empresa mineira en 1939 como depósito de lodos, apareceu nos plans oficiais de labores ata que se deixaron de presentar no ano 2000.
Segundo a nota da Cofradía de Noia, Augas de Galicia recoñeceu que en caso de colapso os residuos mineiros almacenados causarían un importante impacto ambiental augas abaixo, estando a tan só 7 km da ría de Noia. Evitando recoñecer que se trataba dunha presa de residuos mineiros os imputados terían tentado, segundo a nota, evitar as responsabilidades da empresa concesionaria, que tería que facer fronte a unha restauración valorada en varios millóns de euros, e danos multimillonarios en caso de colapso e afectación ás zonas de marisqueo na ría.
Os mesmos funcionarios e alto cargo tentaron presuntamente ocultar a existencia da contaminación con metais pesados, apoiando o argumento falso da empresa de que os altos niveis de elementos tóxicos terían orixinal, e insistiron unha e outra vez que non era necesario someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental, algo que a propia Xunta acabou recoñecendo que era imprescindible para a continuidade da explotación.

Outros artigos

Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes. Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....