O Concello de Ribeira cambiará o sentido da rúa Doutor Torres, Palmeira, baixo petición da veciñanza

04 Setembro 2023

O Concello de Ribeira aprobou, mediante a xunta de Goberno local, a modificación do sentido da circulación na rúa Doutor Torres de Palmeira atendendo á demanda urxente dos veciños e veciñas. O cambio, segundo explicaron fontes do Consistorio reflectindo as peticións dos residentes, responde á problemática do paso simultáneo de vehículos e á necesidade de regular a liña de estacionamento habitual nesa rúa; co propósito de asegurar o tránsito dos peóns e residentes.

“Tras reunirnos cos veciños, vimos que o exceso de circulación de vehículos en ambos sentidos aumentaba o risco de accidentes”, explicou o alcalde Luís Pérez. Debido ao carácter residencial da rúa, procedeuse a establecer o sentido único ascendente (dende o adro da igrexa de Palmeira até a rúa Río Azor) e a delimitar o estacionamento ao lado esquerdo da vía mediante as sinalizacións correspondentes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...