O Concello de Boiro acolle o ciclo de cine Mestre Mateo e a proxección dos filmes máis destacados do audiovisual galego

26 Setembro 2023


O Concello de Boiro acolle un ano máis o ciclo de cine Mestre Mateo, un proxecto impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Deputación da Coruña mediante o que se proxectan as películas finalistas dos premios Mestre Mateo. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e o técnico de cultura, Alberto García, fixeron na mañá deste martes 26 de setembro a presentación do ciclo que comeza este sábado.

Mediante esta proposta inclúese o cinema na programación cultural do Concello de Boiro cunha charla coloquio ao rematar cada sesión. “Volvemos a ter cine en Boiro da man da Deputación de da Academia Galega do Audiovisual proxectando as películas finalistas dos Premios Mestre Mateo e cun concepto distinto no que poder comentar os filmes ao rematar”, afirmou a concelleira.

A primeira das sesións será este sábado 29 de setembro ás 20.00 horas no Centro Social de Boiro coa proxección de Código Emperador. Cada sábado á mesma hora e ata o 18 de novembro vanse proxectar os filmes Código Emperador, No somos nada, María Casares, Live is Life, Onde máis doe, A Foreing Song, O corpo aberto e Unicorn Wars.

“As películas que se van a proxectar neste ciclo son as producidas en Galicia no último ano, filmes que imos ter oportunidade de ver en pantalla grande”, afirmou o técnico de cultura Alberto García. Ademais deste ciclo o Concello de Boiro continuará con outras proxeccións para seguir contando con cine como unha proposta cultural no municipio.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.